O Colexio de Graduados Sociais de Lugo renova os cargos da súa xunta de goberno

Lugo, 5 de xullo de 2023.- O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, órgano de representación e defensa dos intereses profesionais dos técnicos en materia social e laboral legalmente establecidos na provincia, deu por finalizado o pasado venres, 30 de xuño, o proceso electoral aberto. O obxectivo era a renovación de parte dos cargos da súa xunta de goberno: presidente, 3 vogais exercintes e un vogal non exercinte.

 

Seguindo as disposicións marcadas pola normativa colexial, convocouse en tempo e forma a xunta xeral ordinaria de colexiados para o día 30 de xuño co fin de celebrar a proclamación dos candidatos electos. Como o número de colexiados que a conforman resulta igual ao dos cargos a elixir, a proclamación equivale á elección sen necesidade de efectuar a votación. De conformidade co establecido nos estatutos, o Colexio proclamou novamente como presidente a Manuel Núñez Carreira, que tomou posesión do seu cargo prestando xuramento xunto ao resto de vogais.

 

Ademais de Manuel Núñez Carreira como presidente, os cargos electos foron Marcos Fernández García, Darío Montenegro Ojea e Severino Rodríguez Díaz como vogais exercintes e Antonio Currás Ónega como vogal non exercinte.

Somos Comunika