O Colexio de Graduados Sociais de Lugo organiza a quinta edición das Xornadas Laboralistas
O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, en colaboración coa Fundación Xustiza Social e o Consello Xeral de Graduados Sociais de España, organiza a V Xornada IUSLaboralista que terá lugar o vindeiro 18 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no salón de actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (Avda. Filarmónica Lucense, 27002 – Lugo). Unhas xornadas dirixidas a todos os profesionais do Dereito do Traballo, Seguridade Social e Recursos Humanos, coma a estudantes de Relacións Laborales e Recursos Humanos e graduados socias colexiados.
Durante o acto, baixo a dirección de Germán Barreiro González, catedrático emérito e colaborador honorífico da Universidade de León; terán lugar tres ponencias relativas ao tema principal destas xornadas, cuestións laborais. A primeira delas será “Facultades do Consello Galego. As Relacións Laborais, en especial a mediación”, da man de Antía Sández Callejo, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais. Posteriormente, será o turno da ponencia de Nicolás González Raposo, Xefe de Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social en Lugo, “Presente e futuro da inspección de traballo”. Para rematar, terá lugar “A reforma laboral: Un balance”, con Henar Álvarez Cuesta, Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de León.
O acto de clausura correrá a cargo de Luis Fernando de Castro Mejuto, presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e Manuel Núñez Carreira, presidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo.