O Colexio organiza unha xornada técnica sobre plans de igualdade en colaboración co Grupo Isonor

Lugo, 9 de marzo de 2023.- O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo celebrou onte a xornada técnica “Como se desenvolve un plan de igualdade?”, en colaboración co grupo experto en cumprimento normativo e dixitalización ISONOR, dentro do acordo subscrito coa entidade o pasado mes de xaneiro. A xornada tivo lugar na sede oficial do Colexio de Graduados Sociais de Lugo aínda que os colexiados tamén tiveron a posibilidade de seguila de maneira telemática a través da plataforma Zoom.

O encontro contou coa asistencia do presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, e do director comercial de Lugo de Isonor, Francisco Javier Romay Robles. Tamén asistiu a directora de desenvolvemento Territorial da entidade, Mª Luz Pérez Grandas.

Na ponencia, desenvolvida pola directora de RRHH do grupo Isonor, Cristina Pérez, tratáronse cuestións relevantes á hora de poñer en marcha un Plan de Igualdade como o desenvolvemento das habilidades, competencias e coñecementos necesarios para que as persoas integrantes do Comité de Igualdade e da área de RRHH saiban realizar as súas funcións adecuadamente. Ademais de sensibilizar en igualdade de oportunidades a todas as persoas integrantes do colectivo.

O obxectivo principal do acordo entre o Colexio e o grupo Isonor é dotar aos colexiados e ao propio Colexio dunha ampla oferta específica e vantaxosa de produtos e servizos. Desta maneira, o grupo Isonor pon ao dispor dos colexiados un conxunto de servizos no que destacan a prevención de riscos laborais, a formación (presencial, a distancia, en liña, in-company, a medida, TPC). Ademais da protección de datos e a seguridade da información e a implantación, o mantemento e a realización de auditorías dos sistemas de xestión de calidade, medio ambiente, seguridade e saúde no traballo.

Somos Comunika