O Colexio organiza unha xornada sobre as axudas ao emprego previstas para este ano

O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo organizou unha xornada informativa sobre as axudas ao emprego que ten previsto convocar a Xunta Galicia neste exercicio de 2023, ao que os colexiados puideron asistir tanto de maneira presencial como virtual. O seminario foi impartido por Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, María Belén Liste Lázara, subdirectora xeral de Emprego e Pilar Fernández López, xefa territorial de Promoción de Emprego e Igualdade. Ao comezo do evento, a secretaria Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social asinou no libro de ouro do Ilustre Colexio de Graduados Sociais de Lugo.

O principal motivo desta reunión foi pedir á administración que, á hora de publicar normativa, principalmente as convocatorias de subvencións en concorrencia competitiva, téñanse en conta as necesidades e dereitos do destinatario, facilitando que os prazos de solicitude comecen en horas habituais de traballo.

Durante o encontro o Colexio tamén pediu á Administración que estes prazos permitan aos profesionais realizar unha análise previa da situación de cada un dos clientes, reunir a documentación e pedir as representacións correspondentes, para poder ofrecerlles o mellor servizo.

O obxectivo principal destas demandas é facilitar a conciliación familiar e laboral e garantir o dereito á desconexión dixital dos Graduados Sociais e dos traballadores dos despachos. A idea deste encontro xurdiu das necesidades detectadas na reunión mantida o pasado mes en Santiago de Compostela con secretaria xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e os presidentes dos outros dous colexios de Graduados Sociais de Galicia, Raúl Gómez Villaverde e Susana Soneira.

Somos Comunika