Convenio de colaboración co grupo Isonor, experto en cumprimento normativo e dixitalización
O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo firma un convenio de colaboración co grupo experto en cumprimento normativo e dixitalización Isonor. O acordo foi subscrito polo presidente do Ilustre Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, e polo director comercial de Lugo de Isonor, Francisco Javier Romay Robles.
O obxectivo principal desta iniciativa é dotar aos colexiados e ao propio Colexio dunha ampla oferta específica e vantaxosa de produtos e servizos que presta a entidade. Desta maneira, o grupo Isonor pon ao dispor dos colexiados un conxunto de servizos no que destacan a prevención de riscos laborais, a formación (presencial, a distancia, en liña, in-company, a medida, TPC). Ademais da protección de datos e a seguridade da información e a implantación, o mantemento e a realización de auditorías dos sistemas de xestión de calidade, medio ambiente, seguridade e saúde no traballo.
Outras cuestións destacables do convenio de colaboración asinado son as relativas a temas de seguridade alimentaria, medio ambiente, solucións informáticas; marketing, estudos de mercado e plans de empresa de Recursos Humanos ou a prestación de servizos xurídicos e a tramitación e xestión de subvencións