XORNADA "TRABALLO E FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS"

O día 28 de outubro celebrouse na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo una xornada formativa titulada "Traballo e fenómenos meteorolóxicos adversos", inaugurada por Antía Sández Callejo, presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Manuel Díaz Carreira, presidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociales de Lugo e Mercedes Montes Rodríguez, directora da E.U. de Relacións Laborais de Lugo.

 

A xornada foi organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais en colaboración co Colexio de Graduados Sociais de Lugo e coa Escola de Relacións Laborais de Lugo.

 

Interviñeron Nicolás González Raposo, xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e representantes dos principais sindicatos.

 

 

Nesta sesión de estudo abordáronse en profundidade os aspectos máis actuais do traballo e o cambio climático de xeito transversal, incluíndo os permisos retribuídos e a prevención de riscos laborais, pero dotando a este análise dun punto de vista técnico que nos permita avaliar os diferentes fenómenos meteorolóxicos susceptibles de producir riscos na nosa comunidade autónoma así como coñecer os diferentes niveis de alerta. Para iso, contouse coa participación activa de representantes sindicais e empresariais que serán auténticos protagonistas na elaboración dos protocolos de actuacións que recollan medidas de prevención de riscos especificamente referidas á actuación fronte a catástrofes e fenómenos meteorolóxicos adversos e que se integrarán na negociación colectiva, así mesmo contaremos coa Xudicatura e coa Inspección de Traballo e Seguridade Social, recoñecendo- por tanto- a diversidade de perspectivas e a necesidade de colaboración para abordar os desafíos que enfrontamos.

 

Ao longo desta xornada, exploráronse as tendencias actuais e revisáronse as lexislacións vixentes.

Somos Comunika