Alumnas de Relacións Laborais e Recursos Humanos entrevistan ao presidente do Colexio

O presidente, D. Manuel Núñez Carreira, e o secretario, D. Ángel Regueira Racamonde, recibiron o pasado 12 de marzo a catro alumnas de primeiro curso do Grado de Relacións Laborais e Recursos Humanos da Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos de Lugo. A visita das alumnas foi co obxectivo de realizar unha entrevista o noso presidente sobre a profesión para un traballo da Escola Universitaria,

Durante a reunión, puideron comprobar de primeira man experiencias laborais no ámbito dos graduados sociais así como ter a oportunidade de coñecer o colexio e as súas funcións.

O presidente animou a tódalas alumnas a que continuaran estudando para nutrir a sociedade de futuros graduados sociais, necesarios máis que nunca para poder dar un amplo servizo a toda a cidadanía.

Somos Comunika