Presentación do Servizo de asesoramento e información socio-laboral

Captura de pantalla 2019-03-04 a la(s) 23.43.31.png

A sede do Colexio Oficial de Graduados Sociais da provincia de Lugo acollerá o xoves, 7 de marzo, o acto de presentación do Servizo de Asesoramento e Información Socio-Laboral, creado pola entidade colegial co apoio institucional da Deputación Provincial de Lugo,

O servizo profesional de orientación sociolaboral, de balde para os usuarios e usuarias, foi creado polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, coa colaboración da Deputación de Lugo, para satisfacer as necesidades dos cidadáns que carecen dos medios necesarios para acceder a calquera outro tipo de asesoramento xurídico. O obxectivo é ofrecer as directrices básicas para que os usuarios e usuarias desta prestación obteñan as ferramentas necesarias para xestionar as súas cuestións laborais.

 

Somos Comunika