Firma dun convenio de colaboración coa entidad SabadellGallego

O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo firmou hoxe, 11 de xullo, un convenio de colaboración co Banco SabadellGallego. O acordo foi subscrito polo presidente do Ilustre Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, e polo director rexional de SabadellGallego, Juan Luis Candamo Fernández.

 

O obxectivo principal desta iniciativa é dotar aos colexiados dunha ampla oferta específica e vantaxosa de produtos e servizos financeiros que presta a entidade. Desta maneira, a entidade SabadellGallego pon ao dispor dos colexiados un conxunto de prestacións financeiras, personalizadas e en condicións preferentes, adaptadas á súa economía persoal e profesional; sendo tamén extensibles estas vantaxes aos seus familiares e empregados.

 

Pola súa banda, o Colexio aumenta deste xeito a súa oferta de servizos para que os colexiados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas,  renting,  factoring,  confirming ou tpv entre outros.

Somos Comunika