O COLEXIO DE GRADUADOS SOCIAIS DE LUGO PARTICIPA NO ACTO DE GRADUACIÓN DA XVI PROMOCIÓN DE RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
O Colexio de Graduados Sociais de Lugo participou no Acto de Graduación da XVI Promoción de Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, celebrado o venres 5 de xuño de 2026, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.
En representación do Colexio asistiu a vocal exercente Vanesa Gromaz Iglesias, quen trasladou aos novos titulados o apoio da corporación profesional e o compromiso da entidade coa súa incorporación ao exercicio da profesión.
Durante o acto, o Colexio fixo entrega dun ano de colexiación bonificado e dunha axuda económica de 200 euros a Dª Alba Corredoira Iglesia, recoñecendo así o seu mellor expediente académico do curso 2024–2025 (XV Promoción). Con este galardón, o Colexio reafirma o seu compromiso co talento novo, o esforzo académico e a excelencia profesional.
O Colexio de Graduados Sociais de Lugo felicita a toda a promoción e anima aos novos graduados a continuar a súa formación e a incorporarse á vida colexial, onde atoparán apoio, orientación e recursos para o seu desenvolvemento profesional.