REALIZACIÓN CURSO RENTA 2025
O Colexio de Graduados Sociais de Lugo celebrou no día de onte unha nova xornada formativa dedicada á Renda 2025, unha acción deseñada para actualizar coñecementos e ofrecer ás colexiados ferramentas prácticas para a campaña fiscal.
A sesión, impartida en modalidade presencial e telemática polo técnico da AEAT D. Iván Gil, rexistrou unha alta participación, consolidándose como unha das actividades formativas con maior acollida entre os colexiados e os seus traballadores. A posibilidade de asistir tanto desde a sede colexial como de xeito en liña facilitou o acceso a profesionais de toda a provincia, reforzando o compromiso do Colexio cunha formación flexible e de calidade.
Durante a xornada abordáronse as principais novidades normativas, criterios interpretativos e aspectos prácticos da declaración da renda, permitindo aos asistentes resolver dúbidas e actualizar procedementos de traballo.
O Colexio de Graduados Sociais de Lugo valora moi positivamente a resposta obtida e anuncia que continuará impulsando novas xornadas formativas, tanto propias como en colaboración con outras entidades, co obxectivo de mellorar a capacitación continua dos seus colexiados e fortalecer o seu papel no ámbito laboral, fiscal e social.