CURSO COMPENTENCIAS DIGITALES
Estimado/a compañeiro/a:
Póñome en contacto contigo para informarte dunha iniciativa impulsada pola Fundación Xustiza Social que confiamos será de gran utilidade na túa práctica profesional diaria.
Neste sentido, os Colexios de Graduados Sociais, xunto co Consello Xeral, a través da súa Fundación, puxemos en marcha un curso en liña, totalmente gratuíto, dirixido tanto a ti como ao persoal do teu despacho. Trátase dunha formación en competencias dixitais, deseñada para dar resposta ás necesidades actuais da nosa profesión.
O obxectivo deste curso é que poidas adquirir e actualizar coñecementos en ferramentas dixitais que hoxe en día resultan imprescindibles para o exercicio da nosa actividade, así como para lograr unha comunicación máis áxil e eficaz cos teus clientes.
Sabemos que a contorna profesional está en constante evolución e que adaptarse aos cambios tecnolóxicos xa non é unha opción, senón unha necesidade. Por iso, deseñamos esta formación pensando na realidade dos nosos despachos e nos retos aos que nos enfrontamos cada día.
Ademais, iniciativas como esta reflicten o compromiso das nosas corporacións —Consello e Colexios— co acompañamento constante ao Colexiado. O noso obxectivo é seguir ofrecéndoche ferramentas e recursos que faciliten o teu exercicio profesional, entre eles unha formación continua, práctica e de calidade, que contribúa a afrontar con garantías os retos actuais da profesión.
Anímote a participar e a aproveitar esta oportunidade de seguir crecendo profesionalmente.
Se queres máis información sobre o curso achégoche un dossier, así como a seguinte ligazón á plataforma de formación para poder inscribirte:
Más información en este enlace.