XORNADA "ACTUALIZACIÓN NORMATIVA DE SEGURIDADE SOCIAL 2025"

O Colexio de Graduados Sociais de Lugo participou na xornada formativa sobre “Actualización normativa de Seguridade Social 2025” na Escola de Relacións Laborais de Lugo celebrada no día de onte. Unha sesión informativa organizada por MC Mutual en colaboración coa Escola Universitaria de Relacións Laborais e o Colexio de Graduados Sociais de Lugo para profundizar nos últimos cambios normativos da Seguridade Social co obxectivo de manter formados aos alumnos e colexiados.

As encargadas de recibir e dar a benvida aos asistentes foron D. Mercedes Montes, directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo e Dª. Verónica Lama, responsable de MC Mutual en Lugo. Pola súa banda, D. Antonio Benavides, graduado social, avogado e ex inspector de Traballo e Seguridade Social foi o encargado de realizar una minuciosa exposición na que analizou as últimas actualizacións sobre as novidades sobre incapacidade temporal recollidas na Lei 6/2024; as modificacións en incapacidade permanente, a revalorización das pensións e outras materias do eido socio laboral do Real Decreto Lei 1/2025, de 28 de xaneiro, así como a revalorización do salario mínimo interprofesional e outras cuestións de interese en materia de Seguridade Social.

 

Despois dun turno de rogos e preguntas, clausuraron a xornada D.Luis Grien, director de MC Mutual de A Coruña e Lugo e o presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, D. Manuel Núñez Carreira, recordando a necesidade das xornadas formativas para que os graduados sociais teñan a máxima información posible para una atención de calidade nos seus negocios así como poñer en valor o traballo e o esforzo que realiza o colectivo ante a carga administrativa a que se están vendo expostos.

Somos Comunika