Toma de posesión de novos membros da Xunta de Goberno
O Salón de actos da sede do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo vén de acoller o acto de toma de posesión dos novos membros da xunta de goberno da entidade, coa presencia do presidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Graduados Sociales de España, Ricardo Gabaldón. Prometeron o seu cargo como vogais exercentes María del Carmen Pardo Santiso, José Luis Piñón Calvo e Ángel Regueira Racamonde, mentres que Fernando Somoza Puelles fíxoo como vogal non exercente.
Tras a recepción por parte do presidente do consello xeral e a súa sinatura no libro de honor do colexio, tomou a palabra o presidente da entidade colexial luguesa, Manuel Núñez Carreira, que aproveitou para agradecerlle a Ricardo Gabaldón o traballo desenvolvido a fronte do seu cargo nun período tan complicado como o da pandemia, sempre pendente de atender as suxestións do colectivo nunha provincia como a de Lugo, son singularidades e necesidades moi diferentes ás que poden presentar as grandes cidades. Salientou neste sentido o traballo realizado en asuntos que lle poden dar un gran espaldarazo á profesión, como a inclusión dos graduados sociais na quenda de oficio, pero tamén subliñou a importancia de apoiar aos profesionais que veñen dedicando toda a súa carreira a asuntos de xestión, que tan cruciais están resultando neste contexto de crise laboral relacionada coa crise sanitaria do COVID. Tamén lembrou que os profesionais lugueses están expectantes por que se implante na provincia o sistema telemático de xestión de trámites ante Tráfico, o que lles poñerá en moi boa posición para aportar valor aos clientes.