Que é?
Un servizo profesional de orientación socio-laboral, gratuíto para os usuarios e usuarias. Creado para satisfacer as necesidades dos cidadáns que carecen dos medios necesarios para acceder a calquera outro tipo de asesoramento xurídico.
O seu obxectivo principal é ofrecer as directrices básicas para que os usuarios e usuarias desta prestación obteñan as ferramentas necesarias para xestionar as súas cuestións laborais
Beneficiarios do servizo
Poderán ser beneficiarios do servizo da Oficina de Orientación Xurídica-Laboral calquera traballador por conta allea que ante unha cuestión que se lles formulen, ou situación, conxunto de factores ou circunstancias que lles afecte, de índole laboral, xurídico laboral ou de seguridade social, xurdidas a nivel persoal e nun determinado momento, precisen consello verbal legal dun experto na materia sobre o asunto en cuestión exposto ao Graduado Social. A estes efectos, poderá solicitar o servizo unha soa vez por cada asunto.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios deste Servizo os traballadores autónomos que se atopen en situación análoga á dun traballador por conta allea, que pretendan iniciarse como emprendedores, así como os denominados TRADE.
Finalmente, poderán ser beneficiarios deste servizo, en materia de Igualdade, Discriminación e Acoso, todos os Colexiados, con respecto aos seus despachos, así como os clientes do mesmo nos que se active o Protocolo e así o soliciten.
Non poderán ser beneficiarios deste Servizo de Orientación Xurídica-Laboral os empresarios, sexan persoas físicas ou sexan entidades ou sociedades, con ou sen personalidade xurídica. En caso de solicitar o servizo ao Colexio informaráselles de tal circunstancia e de que poden acudir a un Graduado Social Ejercitante facilitándolles a listaxe de Colexiados actualizado
Que teño que facer?
É moi sinxelo.
Pide cita previa
Indica cal é a túa zona
Expón o motivo da consulta
Recibirás o asesoramento directo dun profesional experto